• Para darse de alta, o usuario deberá cubrir todos os datos fiscais e bancarios. Recibirá por correo electrónico o código de usuario e mais o contrasinal para poder acceder ao servizo.
  • No custo mensual do eGestint Autónomos e o eGestint Sociedades inclúanse todas as consultas a través da opción de consultas da propia aplicación e telefónicas. Prefírese a opción de consultas xa que quedará constancia tanto da consulta coma da resposta. Estas consultas serán unicamente sobre o funcionamento do servizo.
  • Mensualmente xirásense os custos do servizo, 10 euros + IVE para o eGestint Autónomos e 15 euros + IVE para o eGestint Sociedades, mediante un recibo factura con todos os datos fiscais tanto do emisor coma do receptor.
  • Calquera incidencia no pagamento dará lugar ao bloqueo do servizo. Con todo, sempre se poderá acceder á información introducida durante o exercicio fiscal vixente.
  • Unha vez solucionada a incidencia, desbloquearase o servizo para poder seguir introducindo datos.
  • O custo do reinicio será como mínimo o dunha mensualidade ou a duración dos períodos mensuais transcorridos desde a incidencia.
  • No caso de que se solicite formación adicional, o seu custo pactarase mediante o correspondente orzamento.
  • A alta no servizo implica a aceptación destas condicións.